AS EIRAS (O ROSAL)
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE O ROSAL REALIZAN LABORES DE LIMPEZA E POSTA EN VALOR DO PETRÓGLIFO DE EIRAS, RECENTEMENTE DESCUBERTO
Vista parcial do petróglifo de As Eiras (Foto: Xoán Martínez Tamuxe)
A Deputación de Pontevedra realiza labores de limpeza e posta en valor do Petróglifo de Eiras, no Concello de O Rosal, recentemente descuberto.
Un equipo integrado por 4 técnicos e arqueólogos da institución provincial e por 3 operarios do Concello procede, dende fai dúas semanas, á limpeza da rocha que contén inéditos gravados rupestres. O petróglifo é unha afloración de pedra que ten a particularidade de que o soporte dos gravados non é granito senón xisto, pois o lugar onde se localiza é unha prolongación do Monte Lousado.
O equipo da Deputación céntrase na limpeza da rocha e do seu perímetro, de cara á súa posta en valor e a unha posible posterior escavación. A previsión é que os traballos rematen a finais do vindeiro mes de abril.
Singularidade e soporte xistoso
O petróglifo de Eiras foi descuberto recentemente. É unha manifestación rupestre da época prehistórica, probablemente da Idade de Bronce, entre os anos 1200 e 600 antes de Cristo. Mide sete metros longo por cinco de ancho e o seu alto máximo é de un metro. Nun soporte xistoso, presenta numerosas figuras de círculos concéntricos, cuadrangulares e ovalados e algunhas figuras circulares que, a falta dun estudo máis detido, poderían ser espirais. O conxunto ten a singularidade de presentar moita variedade de motivos simbólicos.
Máis información no seguinte enlace
No hay comentarios:
Publicar un comentario